Sobre as sólidas bases que outorgan unha longa experiencia profesional no sector agrícola, constituiuse a sociedade Plantas de Piadela SL.
Somos unha empresa familiar nada ao abrigo dunha dilatada experiencia de máis de 40 anos en explotacións hortofroitícolas.
Deste xeito, e con gran ilusión, soubemos aproveitar a fertíl terra de Betanzos, na provincia da Coruña, e beneficiarnos do recoñecido clima galego, favorable para este tipo de cultivos.
Así creamos nos últimos anos un viveiro que abarca unha vasta gama de variedades de árbores ornamentais.
© 2010 Plantas de Piadela - Árbores Ornamentais | Inicio | Produtos | Viveiro | Contacto | Acerca de | Aviso Legal | creada por Zirdan