Plantas de Piadela - árboles ornamentales

O noso viveiro

Os viveiros instaláronse e seguen ampliándose nunha leira de 65 Ha., pertencente á mesma Sociedade Plantas de Piadela SL, sobre a que se desenvolveu e que en parte aínda se conserva, unha explotación de árbores froiteiras de diversas variedades de mazá e pera, plantadas a principios dos 70 e que constituíu polas súas características (técnicas de cultivo, maquinaria, instalacións de cámaras frigoríficas, superficie, etc.) un modelo en Galicia, segundo diversas declaracións de Organismos do Ministerio de Agricultura.

Actualmente séguense recibindo na explotación a grupos de persoas conducidos por profesionais de agricultura da Xunta de Galicia, onde se lles explica o proceso de produción, abonados, podas, recolección, conservación, clasificación e posterior venda das diferentes variedades da froita.

A pretensión da propiedade é, nun futuro próximo, a substitución da maior parte da explotación froitícola por viveiro de plantas ornamentais adultas, xa iniciada fai uns anos coa ilusión de obter os mesmos resultados que conseguimos coa explotación das árbores froiteiras.